Moi boas, familias!
Hoxe comezamos unha nova etapa na ANPA do noso querido CEIP Plurilingüe de Covas! E o primeiro de todo é presentarnos 🥰
Somos Vero (Vogal), Ana Belén (Secretaria), Noe (Tesoureira) e Thaís (Presidenta) e vimos con moitas ganas de facer cousiñas con, por e para toda a comunidade educativa que fai tan especial este noso cole.
Pero para isto...imos precisar a vosa axuda! Somos todo oídos para suxerencias, críticas (se son constructivas, moito mellor 😇) e todo o que nos queirades comentar.
Próximamente vos convocaremosvos a unha asamblea para a ratificación de este cambio e poder poñernos a traballar canto antes.
Imos aló!! Por unha ANPA de todas e para todas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario