Moi boas, familias!
Informámosvos de que ao longo de esta semana por fin presentamos as solicitudes para as seguintes axudas por parte da Xunta de Galicia:
- SI449B - Axudas económicas ás Anpa destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres. Coa que esperamos poder ofertar unhas interesantes e divertidísimas xornadas sobre igualdade e coeducación para as alumnas e familias.
e
-SI436C - Axudas económicas ás Anpa: programa do plan corresponsables para desenvolver polas asociacións de nais e pais. Coa que esperamos poder poñer en marcha por fin o ansiado e imprescindible servizo de madrugadores, unha ludoteca para días festivos...e unha formación en corresponsabilidade que seguro vos vai encantar.
A documentación está entregada, agora só toca cruzar os dedos e esperar recibir boas novas!
Manterémosvos informadas!
Ata entón, unha aperta de toda a Xunta Directiva
Ningún comentario:
Publicar un comentario