xoves, 13 de marzo de 2025

Solicitadas as axudas económicas ás ANPA de igualdade e corresponsabilidade!

 Moi boas, familias!
Informámosvos de que ao longo de esta semana por fin presentamos as solicitudes para as seguintes axudas por parte da Xunta de Galicia:

- SI449B - Axudas económicas ás Anpa destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres. Coa que esperamos poder ofertar unhas interesantes e divertidísimas xornadas sobre igualdade e coeducación  para as alumnas e familias.

-SI436C - Axudas económicas ás Anpa: programa do plan corresponsables para desenvolver polas asociacións de nais e pais. Coa que esperamos poder poñer en marcha por fin o ansiado e imprescindible servizo de madrugadores, unha ludoteca para días festivos...e unha formación en corresponsabilidade que seguro vos vai encantar.

A documentación está entregada, agora só toca cruzar os dedos e esperar recibir boas novas!
Manterémosvos informadas!

Ata entón, unha aperta de toda a Xunta Directiva

venres, 28 de febreiro de 2025

Festa de Entroido en familia...GRAZAS!!

Reventadas pero cheas de ledicia, así rematamos a tarde de hoxe.
GRAZAS! Pola vosa  asistencia, complicidade, colaboración e ganas de pasalo ben. Foi unha tarde marabillosa de convivencia e xogos, superastes todas as nosas espectativas!
Sodes xeniais!! Comezamos os preparativos para a seguinte :-) 



martes, 17 de decembro de 2024

Viaxe a Xuvenlugo!


Cando? 04/01/25
Horario? Xuvenlugo abre de 16:30 a 20:30, nos próximos días comunicaremos a hora exacta de saìda do bus.
Prezo para NON socias: 18€, bus incluído ou 8€ sen bus

PREGUNTAS QUE NOS FIXERON:
-. Qué é iso de Xuvenlugo? Tendes aquí toda a info oficial: https://acortar.link/Qd1rP1

.-Podemos ir as familias? Por suposto! Pero se a familia non pode, podedes mandar aos peques no bus.

.-Podemos ir no bus e que entren os nenos sós en xuvenlugo? Sí, sen problema. Pagaríades bus e non entrada. Aproveitade a tarde como cada quen queira 😉

.-Podemos ir no coche pola nosa conta e entrar en Xuvenlugo con vós? Por suposto! Só avisade para encargar as entradas, e pagaríanse só as dos adultos e nenos non socios.

-A partir de qué idade teñen que pagar entrada? Xuvenlugo pide entrada dende que teñen 1 aniño cumplido. O bus pagarase a partir dos 3 anos, indo no colo

Non dubidedes en preguntar calquera dúbida que teñades!
Para anotarvos podedes mandar un -.WhatsApp ao 675 077 725 (Thaís) ou a 690650782 (Noe)
-. Correo a Ceipcovas.anpa@gmail.com
-. Falar con calquera da directiva nas entradas ou saídas do cole.

Animádevos a pasar unha bonita e divertida tarde!
Aproveitamos para desexarvos moi boas festas e un 2025 marabilloso e cheo de amor.






domingo, 8 de decembro de 2024

Cesta de Nadal

Así de guapa queda a nosa Cesta de Nadal!! mil gracias a todos establecimientos participantes.
Tes xa a túa papeleta? corre, qie se esgotan!!






xoves, 28 de novembro de 2024

 Moitas gracias pola vosa asistencia á asamblea de hoxe e polo voso cálido recibimiento. Prometemos facer o imposible por estar á altura da vosa confianza.

Nos próximos días enviaremos a través do grupo de Whatsapp a información do falado as votacións que quedaron pendientes e todas as ideas que queremos poñer en marcha ao longo dos próximos meses.

Adiantámosvos que ides ser IMPRESCINDIBLES para gran parte delas...e que nos imos divertir moito en conxunto, pois, como xa dixemos esta ANPA é de todas e para todas.


Seguimos traballando!


Solicitadas as axudas económicas ás ANPA de igualdade e corresponsabilidade!

 Moi boas, familias! Informámosvos de que ao longo de esta semana por fin presentamos as solicitudes para as seguintes axudas por parte da X...