martes, 17 de decembro de 2024

Viaxe a Xuvenlugo!


Cando? 04/01/25
Horario? Xuvenlugo abre de 16:30 a 20:30, nos próximos días comunicaremos a hora exacta de saìda do bus.
Prezo para NON socias: 18€, bus incluído ou 8€ sen bus

PREGUNTAS QUE NOS FIXERON:
-. Qué é iso de Xuvenlugo? Tendes aquí toda a info oficial: https://acortar.link/Qd1rP1

.-Podemos ir as familias? Por suposto! Pero se a familia non pode, podedes mandar aos peques no bus.

.-Podemos ir no bus e que entren os nenos sós en xuvenlugo? Sí, sen problema. Pagaríades bus e non entrada. Aproveitade a tarde como cada quen queira 😉

.-Podemos ir no coche pola nosa conta e entrar en Xuvenlugo con vós? Por suposto! Só avisade para encargar as entradas, e pagaríanse só as dos adultos e nenos non socios.

-A partir de qué idade teñen que pagar entrada? Xuvenlugo pide entrada dende que teñen 1 aniño cumplido. O bus pagarase a partir dos 3 anos, indo no colo

Non dubidedes en preguntar calquera dúbida que teñades!
Para anotarvos podedes mandar un -.WhatsApp ao 675 077 725 (Thaís) ou a 690650782 (Noe)
-. Correo a Ceipcovas.anpa@gmail.com
-. Falar con calquera da directiva nas entradas ou saídas do cole.

Animádevos a pasar unha bonita e divertida tarde!
Aproveitamos para desexarvos moi boas festas e un 2025 marabilloso e cheo de amor.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Solicitadas as axudas económicas ás ANPA de igualdade e corresponsabilidade!

 Moi boas, familias! Informámosvos de que ao longo de esta semana por fin presentamos as solicitudes para as seguintes axudas por parte da X...